Foto: Desde arriba, se acerca.

Si el nordeste es constante consigue alejarla y mantenerla a ralla, pero a medida que afloja el viento la niebla gana la batalla.
Foto: Desde abajo, te come.

Un blog dedicado a todos los que respetan el mar, viven o disfrutan con el.
As algas son un gran manjar. Apto pra padais exquisitos ainda que a moita xente lle dan noxo xa sexa por ignorancia, fineza ou simple natureza del."
O certo é que moitas das algas que vemos varadas como certas laminarias, os espaguetti de mar, a leituga de mar e outras vermellas como o musgo de irlanda son de moito sabore na cociña e son ademáis os maiores antioxidantes que existen.
Unha fonte de vida.
Simplemente hai que saber utilizalas, compralas ou collelas. Está claro que non se collen as algas da Malata ou as que aparecen na praia.
Cóllense a principios da primavera xusto antes da floración, cando están millor. en zonas abertas e batidas a cargo de buzos especializados ou en poucos casos cando non fai falta mergullarse coas mareas vivas. Cando perdan a flor, a forza e tamén moitas das súas propiedades será ca chegada do verán. Un pequeno mar de fondo as arrincará e virán varar na costa completando un gran ciclo a medida que se van descompoñendo.
Non podemos dicir o mesmo da merda, si merda, osea bolsas de plástico, garrafas de jasoil, lexía, residuos de algúns barcos.....
En fin, se a al´guén lle molestan as algas non hai que pecharse á mesma praia de sempre, haberá moitas máis calas e praias sen algas e pra tódolos ventos cada cual máis bonita se non se quere tar agobiado por algo tan natural como algas.
A min agóbianme outras cousas...desvieime pa moita xente, pero outra sabe que non.
Conclusións: O mundo vai a peor sen solución, as cousas e valores do natural pérdense e por último, hai moito señorito solto.