Hoxe teño que escribir esta parrafada en galego porque vai en homenaxe a un rapaz moi escravo co que me atopei. É unha persoa defensora dos valores tradicionais, das leiras borralleiras, dos porcos celtas, das vacas cachenas, do bo esterco, da tona do leite, dos palleiros e como di moitas veces "non hai mellor pracer na vida dun home que observar unha boa corte".
Alí estaba, na punta dos ríos enriba dun penedo coa cana na man mentres a marea subía e a friaxe da tardiña aumentaba, cando me viu o primeiro que dixo foi "ainda vas caer" e o segundo "ponme ahí unha miñoca anda, fai algo". Metíase bastante o mar e comenteille que era mellor deixar a cana e ir coller unhas ondas e ó final dímonos un baño en San Xurxo.
Facía moito que non collía ondas e cando sacou a taboa quedei pasmado, dixome:
-Mira paquí, tiña a tabla entre as patacas e derriteuseme todo. Nunca viches tal, verdade?, na túa vida!
E a verdade era que nunca vira tal, aquilo metía medo, o invento cuberto de parafa e un cristo que nin dios.
O baño foi moi ameno, as ondas normaliñas (como as de onte cun pouco máis de tamaño) pero as frases quedarán para o recordo:
-Eu nunca lle puxen medo a nada.
-Na miña Vida.
-Isto ten ferruxe.
-Si señora María ten un jalo que pia, outro que canta e outro que asubía.
-Teño jana de chicharrós que fai tres días que non os fago.
Vin que segue igual de auténtico que sempre, iso é de agradecer, díxome que non puxera nada del no blog pero tou seguro que vai pasar por aki a ver se poño algo.
Espero que che guste meu, con persoaxes coma ti da justo manter unha conversa, eres un rpaz moi faldor, moi faltriqueiro.
Olvidávame!!!, que sepas que non son un lampantín nin estou medio taravela.
Un saudo.
La tabla de Darryl
Hace 1 mes
7 comentarios:
jejej... moi chulo este post. jeje
ó mellor é porque me sinto un pouco identificado con este rapaz jaja.
penso que posiblemente seriamos máis felices se vivísemos (como di o meu avó) "como hai cien años".
Imaxinádevos... ir en cabalo á praia coa táboa debaixo do brazo...ir ata a mesmísima orilla e saltar do cabalo para a auga. Darlle unha palmada na grupa e que se corra ó prado a pacer.
Saír da auga e comer comida de verdade. Lavar o traxe no lavadoiro (esto téñoo feito e é a cousa máis cómoda que existe para endulzalo traxe). Estanme dando ganas de facer un relato sobre isto...vouno apuntar para acordarme jeje
Unha aperta!
claro joder !!!non avería mellor rejalia ca esa joder.eu coma non che teño cabalo iría enriba do porco,ou do meu burro veijeiro,e logo lavaría o traxe no pilón e o poñeria a secare no jalpón ou enriba do cainzo entre os chourizos e castañas así afúmase e secase con eles tamén e asi logo vou pra o auga cheo de cheurumes moi preciados.
oiches ruben xa kedaremos un dia,si joder!!!e nos botamos e logo facemos aí unha fogueira e facemos ai as brasas uns chourizos ke fixemos fai pouco de porco celta e os facemos envoltos nunha folla de parra e logo tamamos un bo viño de pais k fixen eu de uva mencia k pra xaneiro sacareino do bocoi xa pra bebere.e logo unha queimada... elogo imos facer algunha falcatruada as leiras dos veciños...si joder algunha raposada non fai mal ah ninguen.jijiji
Vaia dous, vaise xuntar a fame coas ganas de comer jejje, xa ves Rubén por aqui tes unha alma xemelga que se alimenta de roxós requeixo e viño jjeje
jejeje moi bo a reportaxe néstor!! o rapaz creo que non o coñezo pero a ruben si e seguro que facian boas migas!!
Por certo o baño que foi pola mañan non???
unha aperta!!
Obaño foi pola tarde Natural coa marea subindo. Eu o fin de semana non vou surfear pero... ¿qué estará saindo con este maretón'??
jajajajajajjajaja
ajajajajajja
vou bo de rirme!!!
Mi madre... temos que coñecernos "rapaz calquera" jajaj pensei que me daba mal co ataque de risa...
ese comentario vouno a copiar e gardar por algunha carpeta perdida... vaia reliquia!
Na miña vida Alex, fas amigos ata meidante comentarios, a ver si rematas pronto as practicas para poder ir de parrafada e de esmorga a atacar as catibas. vemonos
Publicar un comentario