17 de enero de 2009

José de Gregorio

Buscando por este nome en google aparecen economístas, políticos, banqueiros...pero por desgracia non encontramos ó auténtico José de Gregorio.
Descubrino gracias ó programa Alalá, nun deses capítulos que che quitan o agobio por moito que teñas.
Conta anécdotas e recordos da súa vida. Vendo a súa cara, os seus ollos, un dase conta de que vive en paz, nun lugar afastado do ruido.
Un home labrego e tamén gaiteiro, un luxo na súa época como hoxe pode ser ir a surfear, de ahí a expresión "deixate de gaitas".
Se alguén gosta de escoitar ós maiores cun pouco de música tradicional, deixolle o enlace. Hoxe en día e do mellor que se pode ver nesa caixa que temos no salón.

No hay comentarios: